Hoxe, ás 12 horas na fachada principal do Concello de Cee tivo lugar unha homenaxe por cumprírense 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro.
A este acto, presentado pola técnico de normalización lingüística, asistiu o alcalde, Ramón Vigo, a concelleira de Servizos Sociais, a concelleira de Cultura e Festexos e a concelleira de Deporte e Tempo Libre, así como representantes do alumnado do CEIP Eugenio López, que leron Adiós ríos, adiós fontes en galego e en búlgaro), CEIP Manuela Rial Mouzo, con Has de cantar, IES Agra de Raíces, coa lectura de Unha vez tiven un cravo e o IES Fernando Blanco, con Alborada.
O acto foi clausurado coa lectura do poema As de Cée, dedicado ás nenas de Cee e que leva todo o mes de febreiro colgado da Casa Consistorial xunto a bandeira galega.