VERANO CULTURAL

MES DE XULLO

Domingo 14 de xullo. Praza da Constitución, 14.00 horas

San Cristovo. Concerto da Banda de Música de Cee e entrega de premios ós coches e camións mellor engalanados.

Martes 16 de xullo.

Nosa Sra do Carme. Desde as 20.00 horas, procesión con Peta Forte, interpretación da Salve Mariñeira pola Coral Costa da Morte e bailes coa agrupación Terra de Sena

Martes 16, mércores 17 e xoves 18 de xullo. Praza do 8 de marzo, 22.00 horas e venres 19 e sábado 20 ás 22.30 horas

Théâtre Jaleo (Francia) presenta Edén. Cabaret para unha danzarina, 9 títeres e 7 pecados. Obra para maiores de 5 anos.

Domingo 28 de xullo. Brens, desde as 19.00 horas

XXIX Festival de Baile Folclórico organizado pola S.D.C. Brens.

Domingo 28 de xullo. Casa de Cultura de Ameixenda. 21.00 horas.

Grupo A Misela de Noia. Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

MES DE AGOSTO

Sábado 3. Praza da Constitución, 19.30 horas

IX Memorial Manuel Rebollar coa participación das bandas: Cultural de Teo, Unión Musical de Meaño (Flicorno D’ Oro 2019 no XXI Concurso Bandístico Internacional en Riva del Garda, Italia) e Banda de Música de Cee.

Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Domingo 4. Sala de exposicións da Casa de Cultura, 21.00 horas

Inauguración da exposición « Arquitectura e territorio na Costa da Morte. Unha ollada de CREUSeCARRASCO« dos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

 

Do luns 5 ó mércores 7: No verán…, Ler conta moito: Auditorio Baldomero Cores, 12.00 horas

Luns 5: Gloria Mosquera (Mamá Cabra): Contos para un mundo mellor, con Gloria Mosquera e Diego Maceiras.

Martes 6: Os contos de Pablísimo: O Paroleiro

Mércores 7: María Faltri e Jorge Juncal:Fantasía musical

Do luns 5 ó xoves 8: A cultura ceense en vivo

Luns 5. Praza da Constitución, desde as 21.30 horas

De palabras e imaxes, micro-festival con presentación de libros a cargo de Laura Suárez (ilustradora),e Suso Bahamonde (poeta). As 22.00 horas, recital poético e a continuación actuación do grupo Inversos. Remataremos cunha proxección sobre a fachada do Museo Fernando Blanco.

Martes 6. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Grupo de gaitas Airiños de Brens, Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.

Mércores 7. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Coral do Centro Social, Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda e grupo de gaitas e baile da A.R.C.E.Pedras Miúdas de Lires.

Xoves 8. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: grupo de pandereteiras Ruidheira da AA.VV. As Caldeiras de Gures, Escola de Danza Breogan da S.D.C. de Brens Grupo de gaitas e pandereteiras das AA.VV. de Toba e grupo Mestura Folk de Brens.

Venres 9. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Carmen, concerto escenificado a cargo de Camerata Lírica.

Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Sábado 10. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

XVIII Certame de Habaneras coa participación das corais «San Mamede» de Zamáns (Vigo), Vera Cruz de Aveiro (Portugal) e Costa da Morte.

Domingo 11. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Añoranza, concerto de música folk. Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Luns 12. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Grupo de Teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco presenta «Extraña parella» , versión da obra de Neil Simon. Dirección: Marina Gómez Pose e Fernando Castro Paredes: Con: Paula Pérez Trillo, Lucía Oca, Lucía Senra, Ana Oca, Lena Becerra, Mariña Lestón, Julio López de Ramón, Manuel Canosa, Paula Pérez Insua. Versión, con inversión xenérica de roles incluída, desta divertida comedia de situación que leva facendo rir ós espectadores de todo o mundo desde hai case sesenta anos.

Martes 13. Praza da Constitución, 19.30 horas

Exhibición de bailes de salón a cargo dos alumnos do Club Arte e Movemento

Desde as 21.30 horas, pregón das Festas da Xunqueira, a cargo de Fernando Fraga.

Martes 20. Auditorio Baldomero Cores, 12.30 horas

Presentación e visionado da curtametraxe Mariña dirixida por Federico Alejandro Rioboo, con banda sonora de Fernando Fraga e protagonizada por: Raúl Villar, Ana Pazos, Marisa Vigo, Manuel Sacedón, Isabel Vallejo, Dana Rodríguez, Tito Rodríguez e Artur Trillo.

Do luns 19 ó domingo 25, Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Bonos dispoñibles: entrada xeral (30 € polas 7 funcións) entrada bonif. pensionistas, estudantes e desempregados (20 € polas 7 funcións). Entradas individuais por espectáculo:

– Funcións dos días 19, 20 e 25: entrada xeral 5 €; bonificada 3 €

– Funcións dos días 21, 22, 23 e 24: entrada xeral 7 €; bonificada 5 €

Obras recomendadas maiores 13 anos. Rede Cultural da Deputación. Taquilla aberta 45 minutos antes de cada función.

Luns 19

VIDA DE CANS de Talia Teatro. Versión e dirección: Cándido Pazó. Con: Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo.

Unha comedia para non parar de rir que da moito que pensar.

Martes 20

AUGA QUE NON VAS BEBER… de Fantoches Baj acompañados pola Coral Costa da Morte. Autor e dirección: Ignacio Vilariño. Con: Ignacio Vilariño e Almudena Vidal.

Recital satírico para monicreques con cantigas populares e contos de transmisión oral.

Mércores 21

COMMEDIA, de Contraproducións. Dirección: Cándido Pazó. Con: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta.

Premios María Casares 2019 ó mellor espectáculo, mellor actor secundario (Marcos Orsi) e mellor vestiario.

Xoves 22

MAcBETH, O RUIDO E A FURIA de Estudo Momento. Dirección: Xoan Carlos Mejuto e Iria Ares. Versión: Manuel Lourenzo. Con: Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo.

Unha viaxe á chaira escocesa, nebulenta e insegura. Un tempo eterno e circular do que ninguén volve xamais.

Venres 23

BERNARDA (VILABA, 1975), de Malasombra. Texto e dirección: José Prieto. Con: Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.

Todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal.

Sábado 24

NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL, de Sarabela Teatro.Texto: Jean Luc Lagarce. Dirección: Anxeles Cuña. Con: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Vadim Yukhnevich .

Neste texto adaptado a cinco voces, e música en escena, tratarase de explicar e buscar as palabras para describir a vida e as súas leis.

Domingo 25

PAPAR SEN CANCELAS, de Culturactiva. Textos: Xurxo Barcala, Diego Rey, Avelino González e Jose Prieto. Dirección: Diego Rey. Con: Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz.

Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor!

Luns 26

A CASA DE BERNARDA ALBA, pola Escola Municipal de Teatro (grupo Xuvenil). Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas. Adaptación da obra de Federico García Lorca.

Dirección: Toño Casais. Con: Ana Oca, Mariña Lestón, Marta Vérez, Adriana Castiñeira, Saray Pérez, Paula Trillo, Nerea García, María Caamaño, María Sendón, África Haz, Daniela Alves, Marina Calo e Julia Lema. Obra recomendada maiores 13 anos.

Do martes 27 ó venres 30 de agosto ás 20.15 horas

Animación de rúa na Praza da Constitución: Cultura no Camiño 

Martes 27

MAXIA CÓMICA, a cargo da compañía Les Artuáns.

Un show onde se mestura o clown, o mimo, as risas e tamén algo de maxia.

Mércores 28

CÓDIGO. Espectáculo de maxia de Dani García.

Xoves 29

SONÁMBULO, de Antón Coucheiro. Ven a unha viaxe noctámbula onde viviremos o universo dun bufón que non consegue durmir.

Venres 30 ás 20.15 horas

OH!LIMPIADAS: compañía Sincronacidas.

Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no FETEN 2019.

Deja un comentario

TurismoCee