Campaña de esquí Deputación 2016 no Concello de Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha a CAMPAÑANA DE ESQUÍ 2016 na Estación Invernal de Leitariegos, para nenos e nenas de toda a provincia, nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.

Ao Concello de Cee lle corresponden:

  • Número de prazas: 4 (se o número de preinscritos supera ao número de prazas concedidas, o Concello de Cee realizará un sorteo público ante a Secretaria Municipal)
  • Número de quenda:
  • Datas: do 28/02/2016 ao 04/03/2016
  • Cota de inscrición: 95 €.
  • Lugar e data de preinscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee (2º andar) ata o venres 22 de xaneiro ás 13:30 horas

Premendo neste enlace pódense descargar a ficha de preinscrición así como o tríptico onde se detallan os pormenores da actividade.

Máis información: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar Casa do Concello), chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 3), no whatsapp do SDM 687.690.982 ou ben no e-mail deportes@cee.gal