Acreditación de competencias

Acreditación de competencias a través da experiencia profesional e formación non formal. Convocatoria Xaneiro 2016. (Consellería de Economía, Emprego e Industria).

Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determindas unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais. (DOG 11 xaneiro 2016)

Obxecto: o obxecto da acreditación de competencias é avaliar e acreditar as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación.

Cualificacións convocadas e prazos de inscrición:

1º PRAZO: do 12 de xaneiro ata o 10 de febrero de 2016 (ambos incluidos) para as seguintes cualificacións:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Servizos para o contros de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Confección e matemento de artes e aparellos

2º PRAZO: do 12 de abril ata o 11 de maio de 2016 (ambos incluidos) para as cualificacións:

  • Aproveitamentos forestais
  • Tanatopraxia

Información da convocatoria:

http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

Orientación Laboral Concello de Cee (2º andar do concello)

TurismoCee