ANUNCIO: Ordenanza Municipal reguladora de subvencións do Concello de Cee

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o día 24 de novembro de 2017, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza municipal reguladora de subvencións do Concello de Cee.

De acordo co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, sométese a dita Ordenanza ao trámite de información pública e audiencia dos interesados, con publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de trinta días para que os interesados poidan presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación. De non presentarse reclamacións ou suxestións no mencionado prazo, considerarase aprobada definitivamente, sen necesidade de acordo expreso polo Pleno.

Cee, 29 de novembro de 2017

O alcalde

Asdo. Ramón Vigo Sambade

Deixa un comentario

TurismoCee