Axudas ao alugamento do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

Facebooktwittergoogle_plusmail

Xa está en marcha o Plan Estatal de Vivenda 2018- 2021 que contempla axudas ao aluguer que pretende fomentar o alugueiro con axudas de ata o 50%.

No DOG 123 de 28/06/18 establécense as bases polas que se rexirá o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

No novo Plan de vivenda mantense, con carácter prioritario, a aposta polo fomento do alugamento e da rehabilitación, xa iniciada polo Plan estatal 2013-2016.

No ámbito do alugamento, ademais do programa xeral de axudas ao alugamento de vivendas, introdúcese un novo programa de axudas á mocidade para o acceso a unha vivenda en alugamento, en prol de facer máis doada a súa emancipación.

A Comunidade Autónoma de Galicia comparte o criterio de establecer medidas e programas para favorecer o acceso á vivenda aos colectivos máis desfavorecidos e ás persoas novas que pretendan acceder a unha vivenda por primeira vez. Con este obxectivo tramítase esta orde, onde se conteñen as bases reguladoras destas dúas liñas de axudas de alugamento citadas e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2018, con carácter plurianual.

Consulta aquí o DOG para coñecer os requisitos.

Descarga aquí a Solicitude

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xullo de 2018.

Deixa un comentario