Manifesto contra a violencia de xénero 2018

Manifesto contra a violencia de xénero 2018.

“Hoxe, Día Internacional contra a violencia de xénero, reunímonos para mostrar o noso sentimento compartido de dor e repulsa ante a persistencia da violencia machista que incide con maior ensañamento cara as mulleres.
 
Por iso, non podemos estar á marxe desta problemática, non podemos pechar os ollos e limitarnos a lembrar hoxe ás vítimas. Temos que ir máis alá e tomar conciencia de que a violencia de xénero segue a ser un dos retos máis difíciles e importantes aos que se enfronta a nosa sociedade.
 
A violencia machista é a manifestación maís terrible da desigualdade entre mulleres e homes, non respecta fronteiras, culturas, niveis económicos… Por isto temos que seguir denunciando o trato vexatorio que reciben as mulleres en todas as sociedades e culturas.
 
Outro ano máis, queremos recordar a todas e cada unha das vítimas da violencia de xénero, mulleres con nomes e apelidos, con soños e ilusións, con vidas que foron truncadas, precisamente, pola persoa coa que un día decidiron compartir a súa vida.
 
Tamén temos que recordas ás súas fillas e fillos asasinados polos seus pais, vítimas mortais converténdose no último exercicio de vinganza contra ás súas nais.
 
A violencia de xénero desaparecerá cando as mulleres deixen de ser cidadás de segunda e participen de forma igualitaria nesta sociedade.
 
Desaparecerá cando deixen de estar á cabeza das cifras de pobreza, das listas de desemprego, de sufrir infravaloración dos seus traballos e os problemas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
 
Desaparecerá cando se deixe de usar a súa imaxe como un obxecto de consumo, cando as súas verbas se escoiten co mesmo volume que se escoitan as dos homes e cando sexan nomeadas e se visibilicen en todos os espazos sociais.
 
És por iso polo que manifestamos a nosa contundente repulsa a estes actos violentos e a nosa firme condena aos que os acometen.
 
Xuntando forzas, nun futuro póximo, viviremos nunha sociedade democrática na que os valores de xustiza, liberdade e igualdade sexan unha realidade.
 
Dende o Concello de Cee, volvemos requirir ao poder lexislativo que introduza medidas máis contundentes, pois a realidade amosa que aquelas medidas tomadas ata o de agora non acadaron os efectos desexados”.

Deixa un comentario

TurismoCee