A Biblioteca de Cee na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Facebooktwittergoogle_plusmail

A Biblioteca Municipal Francisco Mayán xa é unha das 90 bibliotecas integradas no Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Polo que os usuarios xa poden ter o novo carné cheo de vantaxes.

A Xunta de Galicia ven de implementar un novo sistema de xestión bibliotecaria integrada en 90  bibliotecas municipais, entre elas, a Biblioteca Francisco Mayán de Cee.

Este novo sistema baséase nun software libre de código aberto que permite a integración das diferentes bibliotecas municipais de Galicia nun contorno unificado, tanto para os técnicos como para os usuarios. Con este sistema, os fondos bibliográficos constituirán un catálogo único que accesible dende a web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Os usuarios terán un carné único da Rede que permite o acceso aos servicios de todas as bibliotecas públicas integradas: consultas, reservas, renovacións… Así como o acceso á plataforma de préstamo de libro electrónico, GaliciaLe, que ten por obxectivo facilitar o acceso a toda a cidadanía á lectura en galego e castelán neste formato.

NOVO CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS

Para poder formar parte desta Rede, só tes que achegarte á Bilbioteca Francisco Mayán e solicitar o carné. O paso ao carné da Rede irase facendo de forma progresiva segundo os usuarios vaian utilizando os servizos.

¿Qué vantaxes ten?

O carné unico permite:

  • Acceder a toda a rede de Bibliotecas de Bibliotecas Públicas de Galicia
  • Consultar o catálogo único para saber en qué biblioteca dispoñen do libro que precisas as 24 horas do día nos 365 días do ano.
  • Renovar os teus préstamos vía online, sen ter que acudir físicamente á biblioteca.
  • Acceder a GaliciaLE, a plataforma de préstamo do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Para saber máis…

Deixa un comentario