Cee acolle a exposición do XI Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

Facebooktwittermail

Do 20 de decembro ao 8 de xaneiro na Casa da Cultura de Cee.

A Casa da Cultura estrea exposición este xoves, 20 de decembro. A mostra itinerante do XI Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación da Coruña “Jesús Núñez” chega a Cee. O público poderá visitala ata o 8 de xaneiro de 2019 no seguinte horario: de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas e  de 16.30 a 19.30 horas polas tardes.

Poderán ver os traballos realizados polos artistas participantes no certame correspondente ó 2016, con técnicas gráficas, gravado calcográfico, litografía, serigrafía e as súas derivacións.

Deixa un comentario