Concuros Biblioteca Francisco Mayán 2018. BASES E FALLO DO XURADO

Facebooktwittergoogle_plusmail

Nova edición dos Concursos 2017 da Biblioteca Francisco Mayán do Concello de Cee

XXVII Concurso de Acercamiento al Libro

XIV Concurso en la Búsqueda de Nuestro Marcapáxinas

VII Concurso en la Búsqueda de Nuestro Cómic

     A Concellería de Cultura, Deporte e Tempo Libre, conxuntamente coa Biblioteca Municipal Francisco Mayán, lanza un ano máis os concursos cos que pretende acercar a lectura a todos os nenos e nenas de Cee. A intención é a de animar aos xoves estudiantes a ocupar o seu tempo de ocio coa creación literaria. ¡Todos os alumnos de Educación Primaria están convidados a participar!

   Como cada edición, queremos facer público o noso agradecemento a IMPRENTA PACO de Cee por facer gratuitamente os nosos marcapáxinas, tal e como leva facendo os últimos doce anos.

Para participar…

Se queres participar, tes que enviar o teu traballo de maneira individual en sobre pechado,  figurando no seu exterior a mención ao concurso no que desexas participar (“XXVII Concurso Achegamento ao Libro”, “XIV Concurso na Procura do noso Marcapáxinas” ou “VII Concurso na Procura do noso Cómic”) ,  o título da obra, pseudónimo e o curso do participante. No interior, se engadirá un sobre pequeno, tamén pechado,  onde figuren os datos do autor/a (nome, apelidos, idade, título da obra, centro de estudos, curso, dirección e teléfono de contacto) e o ANEXO I debidamente cuberto. O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nestas bases. Os trabajos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1ª andar da Casa do Concello (rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ata o día 3 de abril ou enviar por correo ordinario, a Concello de Cee, rúa Domingo A. de Andrade, s/n. 15270 – Cee (A Coruña), facendo constar: “Para o XXVII Concurso Achegamento ao Libro” (ou ben, “XIV Concurso na Procura do noso Marcapáxinas” ou “VII Concurso na Procura do noso Cómic”) “, título da obra, pseudónimo e curso do participante.

Bases legais

ACTUALIZACIÓN 09/05

A Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, quere facer público o seu agradecemento, aos diferentes medios de comunicación que colaboraron difundindo a convocatoria dos concursos da presente edición, a tódolos mestras e mestres dos distintos centros educativos da Comarca que animaron aos rapaces e rapazas a participar nos mesmos, e a todas e todos os participantes por agasallarnos coas súas obras, sen dúbida, froito dun laborioso traballo, dada a calidade das mesmas. Concursos que teñen como obxectivos fundamentais, fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos da nosa Comarca canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude.

O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2018 foron un total de 227 traballos, repartidos do seguinte xeito:

XXVII CONCURSO LITERARIO DE “ACHEGAMENTO AO LIBRO”

-1º e 2º Curso de Primaria: 27
-3º e 4º Curso de Primaria: 8
-5º e 6º Curso de Primaria: 94

CONCURSO “NA PROCURA DO NOSO VII CÓMIC” : 6

XIV CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS” : 92

Nos vintesete anos de vida (1992-2018) destes certames contabilízanse a día de hoxe un total de 7.199 traballos presentados.

A entrega de premios será o mércores 16 de maio ás 18.00 horas na Sala de Conferencias (3º andar-planta da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”) da Casa da Cultura do Concello de Cee.

ACTA DO FALLO DO XURADO

 

Deixa un comentario