ACTUALIZADO-Concursos Biblioteca Francisco Mayán 2017. Bases y ganadores

Nova edición dos Concursos 2017 da Biblioteca Francisco Mayán do Concello de Cee

XXVI Concurso de Achegamento ó Libro

XIII Concurso Na Procura do Noso Marcapáxinas

VI Concurso Na Procura do Noso Cómic

     A Biblioteca, conxuntamente coa Corporación municipal, tenta realizar dun xeito permanente unha animación cultural que afonde no ámbito cultural do noso Concello e comarca.  Así é como a Biblioteca e a Concellería de Cultura, Deportes e Tempo Libre volven, un ano máis, convocar estes premios, co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.

    Ata esta vixésimo sexta edición do concurso “Achegamento ao libro” teñen participado rapaces e rapazas con 6.601 traballos presentados. Así mesmo, queremos facer público o noso agradecemento á IMPRENTA PACO de Cee por facer gratuitamente os nosos marcapáxinas, tal como leva facendo os últimos once anos.

Novidades

 Cabe destacar que nesta edición tan poderán participar os alumno/as de Educación Primaria, e que a dotación económica dos premios incrementouse en todas as categorías. Tamén as bases legais do concurso están cambiadas e é obrigada a aceptación das mesmas por parte de todos os participantes.

Para participar…

Se queres participar, tes que enviar o teu traballo de maneira individual en sobre pechado,  figurando no seu exterior a mención ao concurso no que desexas participar (“XXVI Concurso Achegamento ó Libro”, “XIII Concurso Na Procura do Noso Marcapáxinas” ou “VI Concurso en Busca do Noso Cómic”) ,  o título da obra, pseudónimo e o curso do participante. No seu interior, achegarase un sobre pequeno, tamén pechado,  onde figuren os datos do autor/a (nome, apelidos, idade, título da obra, centro de estudos, curso, enderezo e teléfono de contacto) e o ANEXO I debidamente cuberto. O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nesta baseOs traballos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ata o día 7 de abril ou enviar por correo ordinario, ao Concello de Cee. Rúa Domingo A. de Andrade, s/n. 15270 – Cee (A Coruña), facendo constar: “Para o XXVI Concurso Achegamento ó Libro” (ou ben, “XIII Concurso Na Procura do Noso Marcapáxinas” ou “VI Concurso en Busca do Noso Cómic”) “, título da obra, pseudónimo e curso do participante.

Bases legais

ACTUALIZADO

Podes consultar os datos de participación do concurso así como o fallo do xurado e nome dos ganadores:

DATOS DE PARTICIPACIÓN

FALLO DO XURADO CONCURSOS 2017

Deixa un comentario

TurismoCee