“El Final de Camino”: charla-proyección en Cee

O Concello de Cee acollerá o venres, 29 de setembro, a charla-proxección sobre “El Final del Camino” na Casa da Cultura.

A Deputación da Coruña, en colaboración con Voz Audiovisual, organiza unha serie de charlas–proxección en 14 concellos da provincia sobre o o proceso de elaboración da serie “El Final del Camino”. A través deste ciclo, a institución provincial pretende achegar aos coruñeses e coruñesas un capítulo de gran importancia da historia de Galicia como foi a construción da Catedral de Santiago, así coma unha oportunidade para descubrir o sector audiovisual galego

O Concello de Cee acollerá esta charla o vindeiro venres, 29 de setembro, ás 20.00 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura. A entrada será totalmente gratuíta.

Durante os meses de setembro e outubro, as charlas estanse a celebrar nos concellos de Ames, As Pontes, Betanzos, Carballo, Curtis, Melide, Narón, Noia, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Ribeira e Vimianzo.

O evento contará con distintos profesionais que participaron na serie, e que serán os encargados de explicar o proceso de creación, desde os guións e os vestiarios ata as técnicas de produción, dirección, iluminación, decoración ou post-produción. “El Final del Camino” foi integramente rodada en Galicia, recreando tanto a cidade de Santiago de Compostela coma outras urbes españolas e marroquís a través de diferentes escenarios, decorados naturais e efectos visuais. En total, utilizáronse 20 localizacións diferentes, que contribuíron a difundir a riqueza paisaxística galega entre os máis de 1,3 millóns de espectadores cos que contou cada capítulo da serie.

Deixa un comentario

TurismoCee