Escola Municipal de Música. Aberto prazo de matrícula

A Escola Municipal de Música de Cee abre o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 do día 30 de xullo ao 14 de setembro.

O verxel de músicos formados na Escola Municipal de Música de Cee non para de medrar. Este curso 2018-2019 o Escola abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudiar acordeón, clarinete, flauta travesera, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín. Dentro da Escola poderás formar parte de todos os grupos que conviven nela: Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, grupo de pop-rock e banda de gaitas.

O prazo de matrícula estará aberto do 30 de xullo ao 14 de setembro de 2018, ambos inclusive.

A matrícula é de 20€ e os horarios quedarán fixados en outubro.

DECRETO DE APERTURA DE INSCRICIÓN

MODELO NORMALIZADO DE INSCRICIÓN

Podes imprimir este modelo de inscrición e entregalo cuberto no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 13:00h do día 30 de xullo ao 14 de setembro.

ACTUALIZACIÓN 26/09/2018

Horarios de reunións para a elección dos horarios instrumentais 2018

Horarios Instrumentos 2018

Deixa un comentario

TurismoCee