Estrea en Cee do novo espectáculo de Talía Teatro: “A primeira vez”

Talía estrea en Cee “A primeira vez” o vindeiro domingo 31 de marzo.

  1. Coma sempre, o Auditorio Baldomero Cores reserva un espazo especial para a compañía Talía Teatro. Gústanos ser os primeiros en coñecer as súas novidades e, neste caso, Talía presenta en Cee o domingo 31 de marzo de 2019 “A primeira vez”, un drama con tintes de comedia para adultos dirixida por Artur Trillo e protagonizada por María Ordóñez e Toño Casais.
“A primeira vez” de Talía Teatro
Auditorio Baldomero Cores. Casa da Cultura de Cee
20.30h
Taquilla aberta 1 hora antes
Prezos: 5 € entrada xeral e 3 € entrada bonificada (desempregados, estudantes, pensionistas)
Importante: Obra recomendada para maiores de 13 anos

SINOPSE

É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta…el e ela confróntanse de novo para trazar o itinerario da súa primeira vez.

Defendida a toda costa por el, sabotada polas constantes saídas de ton dela, querendo e non; un asúmea como feito necesario, oportuno e desexado, pero intranscendente, mentres que a outra ansía unha primeira vez perfecta, resultado dunha decisión moi meditada, ata o extremo.

A primeira vez conta polo tanto a primeira relación sexual de Mada e Carlos. Unha relación na que ela oficia de directora e guionista da historia, quen planea o encontro perfecto, coidado e medido ata o último detalle; e el, que se converterá no seu fiel actor. A infinita repetición e o eterno ensaio pasan a ser o motor da relación.

Ficha artística
Autor:
Michal Walczak. Versión: Artur Trillo
Dirección:
Artur Trillo
Elenco:
María Ordóñez
Toño Casais
Ficha técnica
Idioma:
Galego
Duración:
75 minutos
Idade recomendada:
N.R.M. 13 anos

Deixa un comentario

TurismoCee