Exposición sobre violencia de xénero “Por elas, por nós”

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Concello de Cee, a través do Centro de Información ás mulleres, organiza a exposición “Por elas, por nós” enmarcada nas celebracións do mes de marzo polo Día Internacional da Muller, celebrado o día 8.

A exposición do artista Senén Insua e que versa sobre a violencia de xénero, estará accesible ao público dende o día 14 ao 31 de marzo de 2017.

 Colaboran: Malpica Igualdade, Concello de Malpica e Deputación da Coruña.

Leave a Comment