Faltriqueira da comezo ó Novembro Musical en Cee

Este sábado 5 de novembro da comenzo o “Novembro, mes da música”, na Casa da Cultura do Concello de Cee.

A primeira actuación correrá a cargo do grupo Faltriqueira. Será ás 20.15 horas con entradas a 2.5 e 1.5 euros (taquilla aberta desde as 19.30 h.). Esta actuación forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia. 

Faltriqueira PROXECTO VOCAL AUTÓNOMO xurde das fontes da música tradicional. Fusión da polifonía coa percusión e os instrumentos acústicos. Influencias musicais de todo tipo e calquera lugar.  O espectáculo que Faltriqueira ofrece en directo resume a traxectoria dun grupo con mais de 15 anos pisando os escenarios. A complicidade e paixón son os ingredientes fundamentais para continuar xirando. Na sua discografía comezan recompilando un primeiro repertorio, homónimo, inspirado na tradición e canción de autor. No segundo traballo, de consolidación, abren o abano e son latitudes mais lonxanas as que se mesturan co seu facer mais persoal, acuñando así o efffecto faltriqueira. Nunha segunda etapa creativa, presentan The Pockettes, un formato especial con catro cancións, coa significativa novidade de tratarse de temas anglosaxóns, interpretados en inglés e a cappella. Dúas versións de clásicos de The Beatles e outras dúas versións de clásicos do Jazz Popular e Vodevil Estadounidense. E máis recentemente e coincidindo co alumeamento dos faltriqueiriños, se autoagasallan a publicación de catro novos temas que reflexan a orixe que as une, Pontedeume. Foron moitos os escenarios compartidos e continúa rechamante a ilusión por entonar, divertimento enriba e abaixo da tarima. Derribar fronteiras e tendencias, achegar sensibilidades, empregar a cultura coma ponte para á comunicación.

A banda:  Ana Leira, María López, Carolina Rodriguez nas voces e percusións lixeiras. Reynier Aldana na guitarra e Jorge Juncal no  acordeón.

Finalmente, lembrarvos tamén que desde as 10.30 da mañá do sábado quedarán abertas as XVI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte na propia Casa da Cultura, con exposición e conferencias que continuarán na xornada do domingo.

TurismoCee