Febreiro de comedia 2019

Facebooktwittergoogle_plusmail

O mes de febreiro en Cee estará cargado de Cultura e bo humor. E, por suposto, non podíamos perder a estrea do novo espectáculo de Talía Teatro.

Durante as fins de semana do mes de febreiro, Cee acollerá actuacións de humor e teatro que farán as delicias de todos os ceenses e visitantes no Febreiro de Comedia. Ademáis, como con cada novo espectáculo, Talía Teatro estrenará en Cee “Vida de Cans” para que os ceenses sexamos o primeiro público en coñecela. Pases e vexan!

Todas as actuacións terán lugar no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee ás 20h.

Prezo entradas: 3€ xeral, 2€ bonificada e 5€ xeral e 3€ bonificada (estrea Talía Teatro).

Sábado 2 de febreiro

DinamoTeatro con “Familia? Non, grazas”

Pedro

Brandariz analiza dun xeito cómico as relacións familiares.

 

 

Sábado 9 de febreiro

Apatacón con “Por unha peseta”

Faia Díaz (Coro Encaixe, De Vacas…) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique…) contan historias da vida recollidas no cercano e no universal nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor e á sensibilidade e tenruras propias do país.

 

 

 

Sábado 16 de febreiro

De este xeito prodcs. “Eu quero ser galega”

Unha visión cómica dunha muller con moitas luces e sombras co desexo de integrarse e ser “adoptada” pola cultura galega, a través dun sinfín de aventuras autobiográficas e altamente cómicas.

 

Domingo 24 de febreiro ¡ESTREA TALÍA TEATRO!

Talía Teatro con “Vida de Cans”

Tres actores, tres cans ou tres actores que fan de can nunha comedia absurda, metafórica… A nova montaxe de Talía Teatro.

Deixa un comentario