Lectura de poemas de Rosalia de Castro o vindeiro 24 de febreiro en Cee

Desde o Servizo de Normalización Lingüística, o vindeiro 24 de febreiro ás 12.00 horas, diante da Casa Consistorial, terá lugar unha lectura de diversos poemas de Rosalía de Castro por ser o día do 179 aniversario do nacemento da poetisa. A lectura será levada a cabo por representantes dos colexios CEIP Eugenio López, CEIP Manuela Rial, IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco.

Durante todo o mes de febreiro, por ser o mes dedicado a Rosalía de Castro, a bandeira galega, xunto cuns versos da autora dedicados ás nenas de Cee, permanece colgada na casa do concello. Igualmente, nos locais de hostalería e nas librarías tamén figuran distintos poemas coa faciana da autora.

TurismoCee