“Lembrando a Baldomero Cores”: homenaxe do Concello de Cee. Maio 2017

O Concello de Cee dedicará o mes de maio a Baldomero Cores cunha serie de actos homenaxe que levarán por nome “Lembrando a Baldomero Cores”.

Un ciclo de conferencias, unha mostra bibliográfica e o acto de descubrimento da placa conmemorativa na Casa da Cultura, encherán o mes de maio ceense da figura do cronista oficial de Cee.

O Concello de Cee presentou en roda de prensa a súa homenaxe a Baldomero Cores da man do alcalde, Ramón Vigo, a concelleira de Cultura, Deporte e Tempo libre, Camola Díaz, e o bibliotecario municipal e organizador dos actos, José Ramón Rey Senra. Unha homenaxe feita como agradecemento da súa vila natal polo permanente compromiso con Cee e aprobada por unanimidade do pleno do Concello de Cee o 29 de abril de 2016 e refrendado en xaneiro deste 2017.

Os actos constarán dun ciclo de conferencias en torno á figura de Baldomero, unha mostra bibliográfica e o acto de descubrimento da placa dando nome ao Auditorio da Casa da Cultura. Aínda que, en palabras do alcalde “é un recoñecemento máis dos que Baldomero recibiu en vida como ser nomeado cronista oficial ou a Medalla de Fernando Blanco”.

Ciclo de conferencias

As conferencias serán un total de 6 e repasarán as diferentes facetas de Baldomero Cores ao longo da súa vida: xurista, membro do parlamento, historiador, orador, escritor e xornalista. Tantas facetas como ceenses que, dun xeito ou outro, estiveron vinculados a Baldomero Cores e que se ofreceron de forma desinteresada para rendirlle esta merecida homenaxe. O ciclo o abrirá Francisco Caamaño, catedrádico de Dereiro e exministro de xustiza, o día 6 de maio ás 20:45 no Auditorio Baldomero Cores. As demáis, terán lugar na Sala de Conferencias do 3º andar da Casa da Cultura , ás 20h do día indicado.

 

 

 

Mostra bibliográfica

Tamén se ofrecerá unha mostra bibliográfica entre os días 6 e 17 de maio na Sala do Fondo Local da Biblioteca Pública Municipal, con 36 obras de Baldomero Cores entre as que figuran 16 obras doadas e 9 cedidas, por seren primeiras edicións, pola familia).

 

 

 

 

 

 

Acto de descubrimento da placa

O acto final será o decubrimento da placa conmemorativa no auditorio da Casa da Cultura, na cal figurará o nome de Baldomero Cores e coa presentación da fotomontaxe “Lembrando a Baldomero Cores”, realizado por Iria Piñeiro e con música de Fernando Fraga. Será o 17 de maio e intervirán a viúva de Baldomero, Aurora Lamas, o xornalista ceense, Luís Pousa, cunha charla que leva por título “Semblanza de Baldomero Cores” e que pechará o alcalde de Cee, Ramón Vigo. O acto rematará cun concerto ofrecido por Fernando Fraga e Óscar Ibáñez.

 

Deixa un comentario

TurismoCee