Maio, mes das Letras. 2019

Maio en Galicia é sinónimo de letras. Cee non pode ser menos, neste mes, conmemoramos as Letras Galegas con diferentes actividades culturais que terán como centro neurálxico a Casa da Cultura.

Este ano, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, está adicado a Antón Fraguas, o escritor, historiador e xeógrafo de Cotovade (Pontevedra) que logrou transmitir nas súas máis de 300 obras o seu talante ético de defensa do galego.  Cando se cumpren dúas décadas da súa morte, os galegos homenaxeamos no día das nosas letras ao galeguista que ocupou na Real Academia Galega o lugar deixado por Castelao e que loitou con sentimento pola defensa do galego e do noso folclore.

 

Martes, 7 de maio

11.00h. Casa da Cultura

“O Xogo das Letras” de Galeatro. Función para escolares.

A nova proposta de Galeatro para as Letras Galegas 2019, adicada este ano a Antón Fraguas na que falaremos da vida e obra do autor dunha maneira amena así como doutros homenaxeados e homenaxeadas en anteriores edicións.

Venres, 10 de maio

20.30h. Sala de Conferencias

Conxunto de clarinetes de grao profesional do Conservatorio de Música de Carballo.

Xoves, 16 de maio

18.00h Sala de Conferencias

Entrega dos premios do Concurso de achegamento ao Libro e na Procura do noso Marcapáxinas organizados pola Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”.

Venres, 17 de maio

12.30h. Auditorio Baldomero Cores

Concerto da Banda de Música de Cee e interpretación do himno galego a cargo do Coro Infantil da Escola de Música

Sábado, 18 de maio

Desde as 20.00h. Praza 8 de marzo

I Festival de Folklore Arxentino na Costa da Morte coa participación do grupo Terra Gaucha, El Conventillo e Pocho González. Haberá tamén a posibilidade de degustar o típico asado arxentino.

Sábado, 25 de maio

21.00h. Auditorio Baldomero Cores

Festival do Centro Social coa participación do Coro, Grupo de pandereteiras e Grupo de teatro.

Ata o 31 de maio

Biblioteca Municipal Francisco Mayán

Mostra bibliográfica sobre Antonio Fraguas. 

A Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”, sita no 3º andar da Casa da Cultura de Cee, acolle unha mostra sobre a figura, vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, escritor, profesor, xeógrafo, historiador, antropólogo e galego de ben á que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2019.

Dez carteis informativos editados pola Secretaria Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia e libros do fondo bibliográfico da Biblioteca Pública do Concello de Cee, integran esta exposición na que se pretende amosar a vida e o legado cultural que deixou como escritor e intelectual comprometido coa nosa cultura e lingua galega Antonio Fraguas Fraguas.

Deixa un comentario

TurismoCee