Música soul con Black

Seguimos con música na Casa de Cultura. Este sábado ás 20.15 horas é o turno para BLACK  e achegarnos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan alma e sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos escoitar, en moitas das ocasións, en antigos traballos discográficos . A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain’t no sunshine ou Hit the road Jack, vibraremos recordando voces inolvidables como Aretha Franklin ou Stevie Wonder e disfrutaremos con versións de artistas modernos como Amy Winehouse ou Adele. BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles das últimas décadas da música negra, da forma na que as canciones nacen, se escriben e se interpretan, dunha forma profundamente íntima regalándonos unha viaxe polas melodías do Soul.

BLACK está formado pola voz espectacular de Iria Mejuto acompañada do guitarrista Richi Rozas.

Taquilla aberta desde as 19.30 horas. Entradas a 2.5 e 1.5 euros. Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

TurismoCee