Música e teatro en familia

Facebooktwittermail

Febreiro é o mes de Rosalía e, como cada ano, non podía faltar un evento culural na nosa vila que recordara a máis importante das nosas escritoras. Ademáis, o teatro e a música adicados aos máis pequenos tomarán o relevo á comedia para adultos. ¡Sempre algo que facer!

Música e teatro en familia encherá Cee de cultura para os máis pequenos da casa.

Os espectáculos terán lugar no Auditoria Baldomero Cores da Casa de Cultura ás 18h. As entradas serán de 3 e 2€.

Sábado 23 de febreiro

Resultado de imagen de a viaxe de rosalía“A viaxe de Rosalía” de María Larraitz Urruzola Tolosa

Un ano máis, o Concello de Cee homenaxea á gran poetisa galega.

Sábado 2 de marzo

Pequeno gran show infantil: “As nosas músicas d´aquí!” de Nelson Quinteiro Prods.Resultado de imagen de as nosas músicas d´aquí

Festexaremos o entroido, cantaremos cantigas de cantareiros, de mariñeiros, tocaremos o acordeón e pandeiro, as cunchas, o punteiro… Un espectáculo para desfrutar en familia!

Sábado 23 de marzo

Resultado de imagen de muiñada de galeatro“Muiñada” de Galeatro

Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas.

Sábado 30 de marzo

“Saaaabor!” de CulturactivaResultado de imagen de saaaabor

“Saaaabor!” é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público.

Sábado 6 de abril

Resultado de imagen de o crebanoces para bebés musicreques“O Crebanoces para bebés” de Musicreques

Musicreques busca fomentar a cultura musical a través do guiñol e promover os contos e a música clásica entre os máis pequenos.

 

 

Deixa un comentario