Novembro, mes da música

Facebooktwittergoogle_plusmail
Como cada ano en Cee, novembro é sinónimo de música. Por eso, haberá actividades neste eido durante todo o mes.

A múscia é un elemento importantísimo para Cee. Sempre fomos unha vila vinculada dunha forma ou outra a ela. Por iso, cada novembro o mes se enche de actividades culturais relacionadas con esta disciplina.
O cartel deste ano é o seguinte:
  • Sábado 10: BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE CEE

  • Domingo 11: Sentimentos: Recital poético musical con MANOLÍN acompañado da Escola de Danza Breogán e alumnos da Escola de Baile Arte e Movemento (19.30 h.)

  • Sábado 17: BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

 

  • Sábado 24: BANDA DA Soc.Recr. SAN XOÁN DE CALO

 

  • Sábado 1 decembro: Grupo Folk CHICULATE

EXPOSICIÓN

Ademáis, o vindeiro 14 de novembro ás 12 da mañá terá lugar a inauguración da exposición “Hombre y barcos. La fotografía de la Marina Española en el Museo Naval (1858- 1935)” na Casa da Cultura de Cee.

A exposición, que poderá visitarse ata o día 25 de novembro, en horario de 09.30 a 13.30 horas e de
16.30 a 19.30horas, de luns a venres, foi organizada pola Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Defensa a través da Subdirección Xeral de Publicaciones e Patrimonio Cultural no Concello de Cee.

Esta exposición ofrece un conxunto de sesenta e cinco fotografías formado por copias
actuais a partir dos positivos orixinais de época conservados no Museo Naval de
Madrid. Estas imaxes foron seleccionadas entre as máis de duascentas publicadas no libro do mesmo título editado no ano 2007 pola Subdirección Xeral de Documentación e Publicacións dentro da colección dedicada á fotografía militar, que pretende difundir o patrimonio composto pola fotografía histórica conservada en diferentes centros do departamento.

O obxecto da mostra é múltiple. En primeiro lugar, trátase de contribuir a difundir e dar a coñecer a imaxe histórica da Armada a través da fotografía, unha técnica que experimentou nos últimos años unha crecente valoración tanto artística como documental. Asimesmo, con esta exposición persíguese tamén explicitar o interés do Ministerio de Defensa pola fotografía militar como documento histórico e, moi
especialmente, pola recuperación, conservación e difusión do rico patrimonio histórico y
artístico que representan os fondos fotográficos dependentes do Ministerio de Defensa.

Deixa un comentario