O Mes da Fundación Fernando Blanco de Lema: programación

Facebooktwittergoogle_plusmail

Como cada outubro, o mes da Fundación Fernando Blanco de Lema encherá Cee de teatro, música e conferencias. Velaquí o programa deste ano 2017.

A 5ª Edición do PROGRAMA EDUCATIVO-CULTURA “O MES DA FUNDACIÓN”, organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema, servirá, como cada ano, para encher o mes de outubro en Cee de actividades culturais para todos. Estarán implicados todos os centros escolares de Cee, e todos os niveis educativos que neles se imparten. Ademáis, haberá actividades de balde para o público en xeral que se desenvolverán os catro sábados de outubro na Casa da Cultura de Cee.

PROGRAMA ACTOS PÚBLICO EN XERAL

  • SÁBADO 7 OUTUBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

    “MULLERES CIENTÍFICAS ESQUECIDAS E SILENCIADAS: O CASO DAS CIENTÍFICAS MARIÑAS”.
    CONFERENCIA de MARÍA MERCEDES ÁLVAREZ LIRES (Doutora en Química e Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo).

 

  • SÁBADO 14 OUTUBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

    “A ZANFONA. A AVENTURA MILENARIA DA MONOCLETA SONORA”.
    CONCERTO COMENTADO de ANXO PINTOS (Cofundador de Matto Congrio e Berrogüetto. Presidente da Fundación SondeSeu. Coordinador da sección de zanfonas da Orquestra Folk de Galicia SondeSeu. Profesor de zanfona na Escola de Música Folk e Tradicional de Vigo).

 

  • SÁBADO 21 OUTUBRO (19 horas. I.E.S. Fernando Blanco)

    OFRENDA FLORAL e MISA na honra de D. FERNANDO BLANCO DE LEMA e de tódolos/as mestres/as, alumnos/as e persoal do centro, coa participación de MADRIGALIA G&M.

 

  • SÁBADO 21 OUTUBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

    “COMO AFECTA A NOSA ALIMENTACIÓN AO DESENVOLVEMENTO DO CEREBRO”.
    CONFERENCIA de CARLOS SPUCH CALVAR (Doutor en Bioloxía e Investigador Senior do Grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur).

 

  • SÁBADO 28 OUTUBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

    “NA BUTACA. FANTASÍA Nº 3 EN DOR MAIOR”.
    TEATRO. COMPAÑÍA BUTACAZERO. Obra na que se aborda, de maneira poética e optimista, o tema do esquecemento, concretamente o esquecemento como doenza tipo demencia ou alzheimer.

 

PROGRAMA ACTOS PARA OS CENTROS ESCOLARES DE CEE

  • VENRES 6 OUTUBRO (11:30 horas. I.E.S. Fernando Blanco)

    “A IMPORTANCIA DOS PRIMEIROS AUXILIOS. ENTRE TODOS PODEMOS SALVAR VIDAS”.
    CONFERENCIA de JESÚS REY FERREIRO (Técnico Emerxencias Sanitarias 061) para alumnos/as da E.S.O. do I.E.S. Agra de Raíces, I.E.S. Fernando Blanco e C.P.R. Manuela Rial.

 

  • MARTES 10 OUTUBRO (11 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

    “ROMARÍA”.
    RAQUEL QUEIZÁS. Espectáculo de narración oral sobre as nosas lendas tradicionais para alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios/as de ASPADEX.

 

  • MARTES 17 OUTUBRO (11 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

    “O GAITEIRO BUCÓLICO”.
    SIMÓN PIÑÓN – YÁZABRO.
    Espectáculo de teatro a modo de concerto didáctico para alumnos/as de 3º e 4º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios/as de ASPADEX.

 

  • MARTES 24 OUTUBRO (11 horas. Auditorio Casa da Cultura Cee)

    “BOU CATRINETA”.
    INACIO VILARIÑO.
    Sesión de narración oral con refráns, contos populares e romances para alumnos/as de infantil, 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial, C.E.I.P. A Igrexa de Brens, E.E.I. Pereiriña e usuarios/as de ASPADEX.

 

  • VENRES 27 OUTUBRO (11:30 e 12:30 horas. I.E.S. Fernando Blanco)

    “TEATRO E MEMORIA. OBRADOIRO PARA ESPECTADORES”.
    Unha proposta da COMPAÑÍA BUTACAZERO, coa colaboración de TEATRO de NINGURES e AGADEA, impartida polas actrices PEPA BARREIRO e ESTHER F. CARRODEGUAS, e dirixida a alumnos/as de Bacharelato do I.E.S. Agra de Raíces e do I.E.S. Fernando Blanco.

Deixa un comentario