Outono Cultural: programación

Facebooktwittergoogle_plusmail

O outono en Cee, como sempre, ven cargado de cultura. Teatro, poesía, música, literatura, teatro e, incluso, micoloxía. Todo ten espazo no Outono Cultural de Cee.

A importancia que ten a Cultura para a nosa vila está de sobra probada. Este ano, por primeira vez, a literatura cobra unha especial relevancia no outono coas I Xornadas do Libro Infantil e Xuvenil da Costa da Morte. Unha forma de achegar a literatura e a lectura aos máis xóvenes e que busca convertirse nun clásico da cultura costeira. Ésta é a programación:

I XORNADAS DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DA COSTA DA MORTE

CASA DA CULTURA – CEE, 7, 8, 9 E 10 DE NOVEMBRO 2017
EXPOSICIÓN DE LIBROS
SESIÓNS DE TÍTERES – CONTOS
ENCONTROS CON ESCRITORES

PROGRAMA

 

MARTES 7

Concha Blanco: O medo é libre.

Encontro con alumnos de secundaria do Colexio Manuela Rial Mouzo

10.30 h. Auditorio Baldomero Cores

 

 

 

 

MÉRCORES 8

Xan Fernández Carrera: Lendas da Costa da Morte.

Encontro con alumnos de primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo.

12.30 h. Auditorio Baldomero Cores

 

 

XOVES 9

Sesións de títeres e contos con Duende Sico para alumnos de primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo (1º, 2º e 3º) así como alumnos das Escolas Unitarias.

9.45 h. e 11.00 h. Auditorio Baldomero Cores

 

 

 

 

Xosé María Lema: Costa do Solpor. (Ed. Xerais, Colección Fóra de xogo). Encontro con alumnos de secundaria do I.E.S. Fernando Blanco.

13.15 h. Auditorio Baldomero Cores

 

 

VENRES 10

María Canosa: A cazadora de estrelas. (Ed. Xerais).
Encontro con alumnos de primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo.

12.30 h. Auditorio Baldomero Cores

 

OUTRAS ACTIVIDADES

 

Venres 20 (aprazado para o día 27) e 27 de outubro e tamén o venres 3 de novembro

Sentimentos. Ciclo de recitais poético-musicais. Manuel Oliveira “Manolín”.

20.15 horas. Sala de Conferencias da Casa de Cultura

 

 

 

 

Venres 27 outubro

Teatro e Memoria.
Unha charla coloquio da compañía BUTACA ZERO arredor do alzheimer.

10.00 horas. Centro Social

 

Sábado 28 de outubro

Na Butaca. Fantasía Nº3 en Dor Maior“. Obra teatral de Butaca Zero na que se aborda o tema do esquecemento como doenza propia das demencias e o alzheimer. O espectáculo forma parte do actos do “Mes da Fundación” e está promovida polo Concello de Cee.

20:30h. Casa da Cultura de Cee.

 

 

Domingo 29 de outubro

Herdanza. A Escola de Teatro de Muxía presenta en Cee esta obra versionada e dirixida por Artur Trillo.

19:30h. Casa da Cultura de Cee.

Entrada única: 2 € (obra para adultos).

 

 

 

 

 

Sábado 4 e Domingo 5 novembro

XVII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Mañá e tarde. Casa da Cultura

 

 

 

 

 

Sábado 25 novembro

Concerto especial Santa Cecilia coa Banda de Música de Cee e artistas invitados

20.00 horas. Auditorio Baldomero Cores.

Deixa un comentario