Proceso selectivo para a contratación dun técnico en xestión cultural en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as Bases da convocatoria e proceso de selección en réxime laboral temporal dun técnico en xestión cultural.

Con data do 31 de agosto de 2017, mediante resolución da alcaldía nº 450/2017, aprobáronse as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a selección, baixo a modalidade de contratación laboral temporal, por obra ou servizo determinado, a xornada completa, dun técnico/a de xestión cultural.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación das Bases no BOP.

Consulta o texto íntegro das bases:

ACTUALIZACIÓN 02/10/2017

Listado provisional de admitidos e excluidos Técnico en Xestión Cultural

ACTUALIZACIÓN 18/10/2017

Listado definitivo de admitidos e excluidos Técnico en Xestión Cultural

Os candidatos admitidos están convocados o venres, 20 de outubro de 2017 ás 10.00 horas na Sala de Conferencias do 3º andar da Casa de Cultura de Cee (Paseo do Alcalde Pepe Sánchez, nº 9 – 15270 Cee – A Coruña) para a celebración da proba escrita da fase de oposición.

ACTUALIZACIÓN 23/10/2017

Listado puntuaciones definitivas Técnico en Xestión Cultural

Deixa un comentario