Talía presenta en Cee o seu novo espectáculo “Ubú Rei”

Talía Teatro estrea esta fin de semana a súa nova obra “Ubú Rei”. Será ás 20h, no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

Maragotas, tabaco de contrabando, os costumes ancestrais de Osetia e un cadro variopinto de situacións paradóxicas que conforman unha historia cómica que transita veloz sobre o seu propio escenario. E ao mesmo tempo, constitúe unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.

Baixo a dirección de Roberto Salgueiro e cun elenco de 8 actores, “Ubú Rei” promete. E todos sabemos que Talía nunca falla.

* “Ubú Rei” de Talía Teatro
Casa da Cultura de Cee
Domingo, 5 de marzo ás 20h
Prezo: 5€, 3€ bonificada

 

Deixa un comentario

TurismoCee