Teatro do Andamio trae a Cee o seu espectáculo “O Ferro”

Facebooktwittergoogle_plusmail

Teatro do Andamio visita Cee o domingo, 12 de marzo, par representar o seu espectáculo “O Ferro”, unha obra dirixida ao público adulto que terá lugar ás 20h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

Un matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís, administrativo, que traballa nun banco. Rosa, unha ama de casa. Empezou estudiar administración de empresas, quedou embarazada, tivo que deixar os estudios e converterse nunha ama de casa.

Os últimos cinco anos tivo que coidar da súa sogra. Teñen unha unha hipoteca. Un coche. E unha filla, quinceañeira. Marta, a filla de 15, está en Irlanda cun intercambio durante o curso para aprender ingles. Falan cada tarde por skype, relación virtual. Nada especial, todo como en calqueiran familia normal, en calquer cidade de España.

Pero hoxe, a vida de Rosa vai dar un revés. Planchando un pantalón do seu home, Rosa atopa no bolsillo un papeliño “centrifugado” pola lavadora. Un recibo dun piso ao nome de Luis, o seu home. ¿Qué ten ese piso? ¿Quén vive ahí? ¿Qué oculta a persoa coa que vive dende hai 14 anos? Entre un medo grande de enfrentarse á verdade e fortes gañas de sabela, gaña a segunda.

“O Ferro” de Teatro do Andamio

Domingo, 12 de marzo, ás 20h.

Auditorio Baldomero Cores, Casa da Cultura de Cee

Entrada: 5€, 3€ bonificada (apertura de taquilla 45 minutos antes do espectáculo).

 

Leave a Comment