Verán Cultural 2018

O verán en Cee trae con él reencontros, amistades, comidas e festas cada ano. Pero tamén a Cultura é un dos atractivos do mes de agosto na Vila da Xunqueira. Bandas, habaneras, exhibicións, teatro, títeres, libros… ¡Descubre o verán cultural 2018!

Sábado 4. VII Memorial Manuel Rebollar

Coa participación das bandas: Artística de Merza, Banda Municipal de Silleda e Banda de Música de Cee.

Praza da Constitución, 19.30 horas

Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Resultado de imagen de memorial manuel rebollar

Domingo 5. Certame de Habaneras 

Coa participación das corais Polifónica de Barro, Orfeón Valdeorrés e Costa da Morte.

Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

 

Semana dos grupos e asociacións culturais ceenses

 

Martes 7. Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda e Escola de Danza Breogan da S.D.C. Brens

Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Mércores 8. Grupo de gaitas e pandereteiras das AA.VV. de Toba, grupo de pandereteiras Ruidheira da AA.VV. As Caldeiras de Gures e grupo de gaitas e baile da A.R.C.E.Pedras Miúdas de Lires.

Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

 

Xoves 9. Coral do Centro Social, Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e  Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.

Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

 

Venres 10. La Traviata, concerto escenificado a cargo de Camerata Lírica.

VIII Memorial Manuel Rebollar. Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda. 

Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

 

Sábado 11. Concerto a cargo do Coro Gospel Vida de Vigo.

VIII Memorial Manuel Rebollar. Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

 

Domingo 12. Barafunda e os seus Bañistas despistados.

Praza da Constitución, 20.00 horas (Cultura no Camiño 2018)

 

Grupo de Teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco presenta “Rebeldes” , versión da novela de Susan E. Hinton.

Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

 

Luns 13. Exhibición de bailes de salón a cargo dos alumnos do Club Arte e Movemento

Praza da Constitución, 19.30 horas

 

Martes 14. Presentación da nova novela de José Manuel Otero Lastres.

Museo da Fundación Fernando Blanco, 12.30 horas

 

Do sábado 18 ó venres 24, Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Á EsCEEna!: IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee

Bonos dispoñibles: entrada xeral (30 € polas 7 funcións) entrada pensionistas, estudantes e desempregados (20 € polas 7 funcións)

Venres 18. SENIOR de Culturactiva.

Versión e dirección: Avelino González. Con: Marcos Orsi e Luis Iglesia.

Rede Cultural da Deputación. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 5 € entrada xeral; 3 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser “sénior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia.

 

Sábado 19. A CABEZA DO DRAGÓN de Producións Teatrais Excéntricas.

 Versión e dirección: Quico Cadaval. Con: María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto, Patricia Vázquez e Quico Cadaval.

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados.

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou irónicamente, “Tablado de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea

Catro Premios María Casares 2018: Iván Marcos (Mellor Actor Protagonista), Víctor Mosqueira (Mellor Actor Secundario), Quico Cadaval (Mellor Adaptación/Tradución) e Suso Montero (Mellor Vestiario). Un espectáculo que xa forma parte da historia do teatro galego grazas a súas máis de 40 funcións, máis de 15.000 espectadores, e ser o primeiro Valle-Inclán en galego.

 

Luns 20.CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA, de Mofa&Befa.

 Textos: Carlos Santiago e Pepe Sendón. Dirección: Carlos Santiago. Con: Víctor Mosqueira e Josito Porto. 

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

“Cranios Privilixados ou crítica da razón perralleira”, o novo espectáculo de MOFA&BEFA, proponse como un regreso ás orixes, á procura da raíz e do impulso cómico que animou a carreira estas dúas luminarias do xitanismo ilustrado. Logo de vintecinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de escenarios, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas… o celebrado dúo cómico MOFA & BEFA enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?

 

Martes 21. A CANCIÓN DO ELEFANTE,  de Redrum Teatro.

Dirección: Alex Sampayo. Con:  Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez.

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

O texto de Nicolas Billon chegará ao noso teatro da man de Redrum,  primeira compañía en adaptalo no estado español. É unha obra que se ten representado con gran éxito en Canada, nos Estados Unidos ou Xapón. Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persona que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

“A Canción do Elefante” é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace.

 

Mércores 22. FILLOS DO SOL, de Contraproducións.

Texto e dirección: Cándido Pazó. Con César Cambeiro, Adrián Rios e Alba Bermúdez   

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

A obra ofrece unha versión dos últimos anos da vida do poeta Eduardo Pondal, cando nunha pensión da Coruña trata de rematar a súa obra épica Os Eoas e concíbese como unha homenaxe ao controvertido escritor no centenario da súa morte. Pondal foi, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, «un dos tres pés poéticos do Rexurdimento Galego». Os actores manteñen unha relación divertida e emotiva ó mesmo tempo, na que se abordan temáticas como os perigos do perfeccionismo, os usos da lingua, a emigración e mesmo a emancipación feminina.

 

Xoves 23. UBU REI, de Talía Teatro.

Texto: Alfred Jarry. Dirección: Roberto Salgueiro. Con oito actores en escena: Toño Casais, David Creus, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo. Obra para maiores de 14 anos.

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia. 

Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. Nesta ocasión, Ubú O´Reilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam O´Connor para destronar ao rei do porto: Dugan O´Sullivan. O trasfondo da obra constitúe unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.

 

Venres 24. LOS DOS GEMELOS VENECIANOS, de MDM Producciones (Madrid)

Texto. Carlo Goldoni. Adaptación e dirección: MDM. Con: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier García.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

Por primeira vez chega a Cee esta compañía de orixe arxentina, afincada en Madrid desde o ano 2005 e que leva ás súas costas máis de mil representacións nos seus quince anos de existencia participando en numerosos festivais tanto nacionais como internacionais. Nesta obra homenaxean a Goldoni, un dos autores italianos máis virtuosos da Commedia dell’Arte.

Tonino e Patricio son dous xemelgos, separados desde nenos, que no se viron nunca, aínda que saben cada un da existencia do outro. Tonino é tan bobo, simple e pegado á terra como Patricio audaz e vividor. A chegada dos dous a Verona provocará mil equívocos e enredos.

Trátase, en definitiva, dun xogo de espellos, no que o cotidiano mestúrase co fantástico, e no que as andanzas dos xemelgos non son máis que unha excusa para falar da dualidade humana.

 

Do 26 ó 29 de agosto

Animación de rúa na Praza da Constitución: Cultura no Camiño 2018

Domingo 26. CIGANÍ

Ás 20.00 horas

Espectáculo de novo circo de Antón Coucheiro – Pistacatro

Un xitano balcánico chegou á cidade. Chega sen papeis, infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non sabe comportarse, é un auténtico furacán na rúa. A xente rirá e chorará con el, porque todos levamos a un neno dentro con ganas de xogar.

Tocará, bailará, cantará, fará malabares con ladrillos ,boxeará cos seus fillos, casará coa súa muller, dispararalle, roubaralle a carteira, fuxirá da policía, fará de todo por arrincarlle un sorriso… e uns euros. Ó final, o grande número da mini-moto e o salto mortal a través do Aro de Lume. Un espectáculo inspirado nos personaxes e na estética dos filmes de Emir Kusturika. A participación directa do público é esencial neste espectáculo de rúa, o clown, a improvisación o happening e os números cómicos con voluntarios fan que cada función sexa diferente e non deixe de sorprender e divertir.

Lunes 27. MR. LUPO

Ás 20.00 horas.

A cargo da compañía Pistacatro. Espectáculo de novo circo.

Como sería a vida se fose eterna? É a morte o motor que nos fai vivir?

Se queredes saber a resposta a estas preguntas, o sentimos, Mr. Lupo non as ten, pero o que si ten é unha habilidade indiscutible para vivir a vida en cada intre. Durante os 50 minutos que dura o espectáculo Mr. Lupo poñerá a súa vida no fío do abismo, lanzando obxectos afiados, facendo equilibrios imposibles, domando un elefante ou facendo saltos mortais polo aire.

Todo isto, por suposto, con grandes doses de humor, porque que é a vida sen risa? O sentimos, Mr. Lupo tampouco contestará esta pregunta, pero intentará que ninguén pase por ela sen unhas boas gargalladas.

 

Martes 28. CONTIGUO (Corda lisa e roda cyr)

Ás 20.00 horas

A compañía IO foi premiada como mellor espectáculo na Sección Off Circada 2017. Contiguo nace de poñer un ser humano xunto ó outro. É o lugar onde un acaba e outro comeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte nalguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demáis. O destino únenos, a historia a escribimos nós. Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único para expresarse, resultado da búsqueda no circo coma linguaxe en sí mesma.

 

Mércores 29. VIAXAR CON TÍTERES

Ás 20.00 horas

Teatro na rúa a cargo de Títeres Cascanueces: Barriga Verde reciclador.

 

Xoves 30. Títeres Cascanueces: O carrusel de Raulín

Ás 20.00 horas

Teatro na rúa.

 

Venres 31. Títeres Cascanueces: A festa de Barriga Verde.

Ás 20.00 horas

Teatro na rúa.

 

Exposicións na Casa de Cultura (1º andar)

XIII Premio Luis Ksado (Deputación da Coruña).

Do 31 de xullo ao 21 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas

 

Viaxar con Títeres

29, 30 e 31 de agosto, de 11.30 a 13.30 horas.

Deixa un comentario

TurismoCee