Xornada de contacontos nas unitarias

Facebooktwittermail

O Centro de Información ás Mulleres, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, organizou unha xornada de contacontos nas escolas infantís de Pereiriña e Brens.

Mercedes Fraga, a técnico de normalización lingüística, deu a coñecer aos máis pequenos dous contos: Furacazolos e Botaborrallas e Un día de treboada, que relatan como a igualdade é posible e como o cambio de roles nas tarefas domésticas é cada vez máis un feito. Os máis cativos deleitáronse coas distintas aventuras dos seus protagonistas.