Campamentos Deportivos Deputación da Coruña 2018

Facebooktwittergoogle_plusmail
A Deputación da Coruña convoca, como cada verán, os Campamentos Deportivos 2018. Cee dispón de 3 prazas. O prazo de inscrición remata o vindeiro 15 de xuño.

Os Campamentos Deportivos 2018 convocados pola Deputación da Coruña xa teñen aberto o prazo de inscrición. A Cee lle concederon 3 prazas na 4ª quenda que corresponde aos días 22 ao 27 de xullo.

As instalacións do centro Calvo Sotelo da Coruña será novamente o lugar elixido para a realización dos campamentos que contarán con actividades náuticas, equitación, tenis e senderismo así como a práctica doutras actividades culturais e deportivas. Están destinados a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos (ambas incluidos, cumpridos en 2018). Os participantes deberán estar empadroados no Concello de Cee.

En caso de haber máis inscritos que prazas  se realizará sorto público. O prezo é de 85€.

Máis información e inscrición no Servizo de Deportes do Concello de Cee (2º andar) ou en deportes@cee.gal ata o 15 de xuño.

Deixa un comentario