Campaña de esquí 2018 en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Concello de Cee participa un ano máis no programa de esquí organizado pola Deputación Provincial da Coruña neste ano 2018, dirixido a nenos e nenas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

Dende a Deputación foron adxudicadas 4 prazas para participar na 4ª quenda do programa que corresponde aos días 02/03/2017 ao 05/03/2017. A adxudicación de prazas será mediante sorteo público, tendo preferencia aqueles rapaces/as que non foran a ningunha outra campaña da neve da Deputación.
A cota de participación é 85 €.

 

O prazo de pre-inscrición rematará o luns 16 de xaneiro ás 13:00 horas e se poderá facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal de Cee ubicado na 2º andar da Casa do Concello.

Deixa un comentario