Cee acolle o I Encontro da Liga FITE Galicia 2018 de taekwon-do ITF

O encontro será o día 10 de marzo no pavillón municipal de Cee.

O Clube Cee Deportes de Contacto organiza o I Encontro da Liga FITE Galicia 2018, no que colabora o Concello de Cee.

Este I Encotro terá lugar o sábado, 10 de marzo, en horario de 11 a 14 horas e, pola tarde, de 15:30 a 19h no Pavillón Municipal de Cee. A entrada é libre.

No encontro, primeiro da Liga, participarán tamén os clubes de taekwon- do ITF de Sigüeiro- Oroso e Noia, donde terán lugar sucesivos encontros os días 14 de abril e 19 de maio.

1 comentario en “Cee acolle o I Encontro da Liga FITE Galicia 2018 de taekwon-do ITF”

Deixa un comentario

TurismoCee