Cee Verán 2017: campamentos deportivos Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña organiza, como cada verán, campamentos deportivos para os nenos da provincia. Este 2017, ao Concello de Cee lle conceden 3 prazas para nenos empadroados.

Xa case tocamos cos dedos as vacacións dos máis pequenos da casa e comezamos a buscar alternativas para o seu ocio de verán. A Deputación da Coruña organiza de novo os seus campamentos deportivos e, nesta ocasión , ao noso concello adxudicáronnos 3 prazas. Pero hay que darse prisa porque o prazo de pre-inscrición remata o día 17 de xuño.

Lugar

Estes campamanetos deportivos están organizados pola Deputación da Coruña. A estancia e manutención dos rapaces realizarase nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no Concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13).

Destinatarios

Todos aqueles nenos e nenas de 9 a 14 anos (nados entre os anos 2003 e 2008). Hay 3 prazas dispoñibles para os empadroados no Concello de Cee.

Datas

Os nenos do Concello de Cee asistirán na 2ª quenda: do 26 de agosto ao 1 de setembro.

Inscrición

As inscricións se realizan na oficia do Servizo de Deportes do Concello de Cee. O teléfono para poder consultar posibles dúbidas é o 981 745 100.

Prazo

O prazo de pre-inscrición rematará o vindeiro 17 de xuño de 2017 ás 13:30h.

Prezo

85€/campus.

Deixa un comentario

TurismoCee