Día do Deporte na rúa 2018

Un ano máis, o Concello de Cee celebrará o Día do Deporte na rúa o vindeiro sábado 14 de xullo. ¡Ven e participa!

O V Día do Deporte na rúa do Concello de Cee chegará a Cee o vindeiro sábado 14 de xullo para convertirse, novamente, nunha desas citas ineludibles do verán ceense. ¡A xogar!

O Concello de Cee saca de novo o deporte á rúa para que todo e todas poidamos difrutar dunha xornada lúdica e divertida na que a saúde e o deporte tomen o protagonismo. O centro da vila se encherá de rapaces (e non tan rapaces) practicando algúns dos seus deportes favoritos. Atletismo, ciclismo, baloncesto, fútbol sala, taekwondo… Podes elexir o que máis che guste con só saír da casa.

Esperámoste na Praza 8 de marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade, e Praza da Constitución o sábado, 14 de xullo de 11:30 a 14h.

Organiza: Servizo de Deportes do Concello de Cee.

Colaboran: Protección Civil do Concello de Cee, A.C.B. Costa da Morte, Clube Ciclismo Cee, FSF Vila de Cee, Asociación deportiva Olimpia e Club Cee deportes de contacto.

As actividades plantexadas nesta quinta edición serán levadas a cabo polo persoal técnico de cada un dos clubes colaboradores. Cada entidade organizará actividades propias da súa disciplina deportiva cun marcado carácter lúdico, atractivo e que se podan adaptar fácilmente ao público que poda estar observando, de maneira que espectador se quere poda probar e participar na mesma.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

CICLISMO

Organizador: CLUB CICLISTA CEE.

Actividades: xincana con tarefas de dificultade variable sobre a bicicleta, taller de conducción, coceptos básicos de seguridade vial, etc.

BALONCESTO

Organizador: CLUB ASOCIACIÓN COMARCAL BALONCESTO “COSTA DA MORTE” DE CEE.

Actividades: xogos predeportivos co uso de balóns de baloncesto, roldas de tiros a canastra, etc.

TAEKWON-DO ITF

Organizador: CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO

Actividades: actividades de deportes de contacto, etc.

ATLETISMO

Organizador: CLUB ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE.

Actividades: xogos e actividades das diferentes disciplinas do atletismo en pista: carreiras de velocidade, salto de vallas, etc.

FÚTBOL SALA

Organizador: FÚTBOL SALA FEMENINO VILLA DE CEE

Actividades: circuítos, partidillos, etc.

PECHE DE RÚAS
Con motivo da celebración da 5ª Edición do Deporte na Rúa, o sábado, 14 de xullo, estarán cortadas ao tráfico en horario de 10 a 14h as seguintes rúas: * Domingo Antonio de Andrade * Rúa Xunqueira Desculpen as molestias.

Deixa un comentario

TurismoCee