IV Carreira Pedestre Concello de Cee “Correndo pola Costa”

O vindeiro 24 de xuño terá lugar a IV Carreira Pedestre do Concello de Cee, que se enmarca dentro do Circuítos “Correndo pola Costa”. O prazo de inscrición comeza o xoves, 1 de xuño.

A 4ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2017 que terá lugar o sábado 24 de xuño, enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, onde a ideoloxía non é outra que o fomento da práctica de actividade físicodeportiva como unha ferramenta máis para acadar unha vida máis saudable.

Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do “V Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña 2017”.

Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos e nenas como adultos (dende 3 anos).

Consulta o regulamento aquí:

Deixa un comentario

TurismoCee