IV Volta MTB Terra Neria Club Ciclista Cee 2015

Facebooktwittergoogle_plusmail

O vindeiro sábado 31 de outubro terá lugar a “IV MTB Terra Neria Cee 2015” que está organizada polo Club Ciclista Cee.

Na marcha poderá participar calquera ciclista maior de idade, ou maior de 15 anos con autorización paterna, que teña licenza federativa do ano en curso. En caso de non ter dita licenza, poderá tramitar a licenza dun día (válida só durante a celebración da marcha) cun custo de 5€ e cuxa póliza cobre responsabilidade civil e accidentes.

A recollida de dorsais será partir das 8:00 horas e a saída está prevista para as 9:30 horas dende o Pavillón Municipal de Cee.

As inscrición deberanse realizar no seguinte enlace: http://emesports.es/event/iv-ruta-mtb-terra-neria-2015/