Programación deportiva Cee Verán 2017

Facebooktwittergoogle_plusmail

A partir de hoxe, venres 9 de xuño, están abertas as inscricións para participar nas diferentes actividades ofertadas na PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL CEE VERÁN 2017.

Este ano a programación deportiva de Verán do Concello de Cee chega cargada de actividades, algunhas delas novas, que pretenden mellorar o tempo libre e o lecer de todos. Baloncesto, futbol sala, patinaxe artístico, taekondo, baile deportivo… pero tamén novidades como o canyoning ou descenso do Bruño, os campamentos de aventura ou os deportes nauticos que regresan a Cee. E, como non, os clásicos que non poden faltar cada verán: a Carreira Pedestre Concello de Cee, o Día do Deporte na Rúa e o Día da Bicicleta. Éste é o listado completo:

  • Campamento de verán” Vila de Cee
  • Canyoning “Vila de Cee”
  • IV Carreira Pedestre Concello de Cee
  • III Campus de Futbol Sala “Clínica Dental Baldomar” FSF Villa de Cee
  • Campus de Verán “Club Arte e Movemento”
  • IX Campus Baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”
  • IV Campus Patinaxe Artística “C.P.A. Costa da Morte”
  • Campamentos deportivos Deputación da Coruña
  • 4ª Edición de “Deporte na Rúa”
  • 16ª Edición “Día da bicicleta”
  • Deportes náuticos

Consulta aquí a oferta completa:

Máis información no Servizo de Deportes Municipal (2ª andar Casa do Concello), na web municipal www.cee.gal, correo-e deportes@concellocee.es, ou no teléfono 981745100 (ext. nº 3)

Deixa un comentario