V Circuito Correndo pola Costa Concello de Cee 2018

A V Carreira Pedestre Concello de Cee 2018 enmarcada dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” terá lugar o vindeiro 23 de xuño. Ya está aberto o prazo de inscrición.

A 5ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2018 que terá lugar o sábado 23 de xuño, enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, onde a ideoloxía non é outra que o fomento da práctica de actividade físicodeportiva como unha ferramenta máis para acadar unha vida máis saudable.

Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do “VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña 2018”.

Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos e nenas como adultos (dende 3 anos).

 

COTAS DE INSCRICIÓN

A inscrición para as categorías base será gratuíta (de pitufo a xuvenil).

Os/as atletas de categoría xuvenil poderán optar a correr na categoría superior (absoluta en 3K e sénior en 10K) sempre que o fagan constar á hora de facer a inscrición. O feito de correr en categoría superior (10K) ou absoluta (3K Contra o Cancro) implicará que non poderán optar á clasificación e premios da categoría xuvenil. Así mesmo deberán pagar a correspondente inscrición (8€ + 1€ por inscrición de carreira), tendo dereito á camiseta commemorativa da carreira.

A inscrición para os adultos (sénior e veteranos) para esta proba concreta:

• Ata o luns 18 de xuño de 2018 (anterior á proba) ás 23:59 horas cota de 8€ + 1€ de aluguer de chip

• Dende o martes 19 de xuño ata o mércores 20 de xuño de 2018 ás 23:59 horas cota de 15€ + 1€ de aluguer de chip

As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición rematará o mércores 20 de xuño ás 23:59 horas.

Regulamento V Carreira Pedestre Concello de Cee 2018

Máis información referida a: “corredores de circuíto”, “corredores de carreira”, “tipos de competicións”, “competición por equipos”, “competición adaptada” etc; Enviar un e-mail a deportes@cee.gal e facilitarase o regulamento xeral do “5º Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 2018” onde se detallan todas estas cuestións.

 

Deixa un comentario

TurismoCee