Aberta inscrición para programación AFD 2017 en Cee

Xa está aberto o prazo de inscrición para a programación AFD (accións formativas para desempregados) 2017 convocada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. No caso de Cee, serán dúas especialidades as que se impartirán no IES Fernando Blanco.

  • Operacións auxiliaries de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións (458h)

É de nivel 1 de cualificación polo que non require titulación previa.

  • Mecanizado por arranque de labra (638h)

É de nivel 2 de cualificación polo que é preciso estar en posesión do título de ESO ou competencias clave nivel 2.

A inscrición a ambos cursos debe facerse na Oficina de Emprego de Cee antes do 6 de marzo. Para máis info preme aquí.

Deixa un comentario

TurismoCee