Bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso – oposición dun/dunha animador/a cultural

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Concello de Cee selecciona, mediante concurso-oposición, en réxime laboral temporal, un/unha animador/a cultural, dentro do programa de apoio á cultura “Subvencións para animadores culturais” regulado pola convocatoria da Deputación da Coruña (BOP 18/11/2015) pola que se establecen os programas de apoio á cultura e o deporte, dirixidos a concellos e outras entidades locais para actividades e investimentos durante o ano 2016.

O seleccionado colaborará e desenvolverá ata o próximo 31 de decembro os programas culturais do Concello de Cee e a Deputación Provincial. Tamén apoiará posibles actividades na Biblioteca ou a Casa de Cultura tales como exposicións ou xestión de eventos culturais, labores de animación cos distintos grupos de idade (infantil, xovenes, 3º idade, …) e, en xeral, aquelas outras que se deriven do seu posto de traballo.

A documentación se presentará nas Oficinas do Rexistro Xeral do Concello de Cee dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación no BOP desta convocatoria.

Podes descargar as bases da convocatoria aquí.