Finalizan as «I Xornadas sobre busca de emprego 2.0 e marca persoal»

O 23 e 24 de novembro celebráronse con grande éxito as “I XORNADAS SOBRE BUSCA DE EMPREGO 2.0 E MARCA PERSOAL”.

Con 131 persoas inscritas a través do servizo de Orientación Laboral do Concello de Cee, as xornadas realizáronse na Casa da Cultura e foron impartidas por Iria Piñeiro da empresa Maragota & Media.

Foron organizadas pola Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego, a cargo de Pilar Iglesias co obxetivo de mellorar a empregabilidade e proporcionar ferramentas dixitais para a creación e fortalecemento da marca persoal. Destacouse a importancia da procura de Emprego a través da web 2.0, coa utilización das Redes Sociais e Profesionais, mediante técnicas de posicionamento e marca profesional e de networking para manterse conectado/a e valorado/a no ámbito profesional.

O primeiro día das xornadas realizouse ademais un networking e o segundo día o Alcalde, Ramón Vigo entregou os diplomas aos asistentes, procedendo á clausura das Xornadas.

TurismoCee