Forzas Armadas 2018

Convocadas 3000 prazas para ingresar nas Forzas Armadas como Militar de Tropa e MArinería Profesional.
Dende o Ministerio de Defensa nos fan chegar ao Concello de Cee a oferta de emprego público que realiza a Administración Xeral do Estado, no Boletín Oficial do Estado nº 144 de data 11 de xuño de 2018, que se teñen publicado 3000 prazas para ingresar nas Forzas Armadas como Militar de Tropa e Marinería Profesional nas diferentes Unidades dos Exércitos e a Armada. Destas prazas, 132 corresponden a unidades militares ubicadas en Galicia, principalmente en Ferrol e Figueirido (Pontevedra).
Para participar no proceso seleccitivo de acceso ás escalas de Tropa e Marinería, os aspirantes deberán solicitar cita previa na Área de Reclutamento da Subdelegación de Defensa na Coruña, ben por vía telefónica, chamando ao 981 12 68 13/14 ou a través da páxina web do Ministerio de Defensa.
 
O prazo de solicitude de cita previa para a realización das probas selectivas finaliza o vindeiro 25 de xuño de 2018.
As Forzas Armadas ofrece ao xoves, a través do ingreso nas Escalas de Tropa e Marinería, non só a posibilidade de desenvolver unha profesión, senón tamén a oportunidade de acceder por promoción interna ás escalas de Oficiais e Suboficiais, ademáis de participar nos procesos selectivos da Garda Civil e Policía Nacional, nas prazas específicas reservadas para este colectivo.

Deixa un comentario

TurismoCee