Xornada de cooperativismo: Emprender dende a fórmula da cooperativa. 12 de abril

Facebooktwittergoogle_plusmail

O 12 de abril de 2018 en Cee terá lugar a Xornada gratuita “Emprender dende a fórmula do cooperativismo”. Será na Casa da Cultura de 16 a 19h. Entrada gratuita.

OBXECTIVOS

Este obradoiro pretende amosar as ventaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis acreditado para emprender nos momentos actuais. Este obradoiro persigue os seguintes obxectivos:

  • Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
  • Achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas.
  • Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

PÚBLICO OBXECTIVO

Persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.

PROGRAMA DA XORNADA

16:00h Benvida e presentación da Rede Eusumo

16:20h Coñecendo a fórmula empresarial cooperativa.

  • As cooperativas como modelo empresarial: características e particularidades das cooperativas, entorno cooperativo, principio e valores cooperativos.
  • Tipos de cooperativas: escollea que mellor se adapte as vosas necesidades e expectativas.
  • Diferencias con outras fórmulas xurídicas.

17:30h Experiencia de éxito cooperativo

Preguntémoslles aos cooperativistas que pensan da súa experiencia.

18:00h Pausa

18:20h Ferramentas e apoios existentes para o cooperativismo

  • Que precisades para crear a vosa cooperativa
  • Quen e como che poden axudar a crear unha cooperativa
  • Como poderías aproveitar as subvencións e incentivosespecíficos dos que gozas as cooperativas

19:00h Peche do obradoiro

INSCRICIÓN

Xornada gratuíta. Pódeste inscribir ata o día anterior no 981 558 008

eusumo.emprego@xunta.gal

Máis info www.eusumo.gal ou no concello de Cee orientacion.laboral@cee.

Deixa un comentario