Xornada “Emprende baixo a fórmula cooperativa” da Rede Eusumo

A Rede Eusumo da Xunta de Galicia ofrecerá o vindeiro 3 de maio en Cee unha xornada titulada “Emprende baixo a fórmula cooperativa”.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

OBXECTIVOS

Este obradoiro pretende amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais. O obradoiro persegue os seguintes obxectivos:

• Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.

• Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.

• Achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas.

• Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

PROGRAMA

PROGRAMA DA XORNADA

10:00h Benvida e presentación da Rede Eusumo

10:20h Coñecendo a fórmula empresarial cooperativa

• As cooperativas como modelo empresarial: Características e particularidades das cooperativas, entorno cooperativo, principios e valores cooperativos.
• Tipos de cooperativas: escolle a que mellor se adapta as vosas necesidades e expectativas.
• Diferenzas con outras fórmulas xurídicas.

12:00h Pausa

12:20h Ferramentas e apoios existentes para o cooperativismo

• Que precisades para crear a vosa cooperativa
• Quen e como che poden axudar a crear unha cooperativa
• Como poderías aproveitar as subvencións e incentivos específicos dos que gozan as cooperativas

13.00 h Peche do obradoiro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

03 de maio de 2018
De 10:00h a 13:00h

Casa da Cultura Concello de Cee.
Calle de Domingo Antonio de Andrade, S/N Cee (A Coruña)

A xornada ten carácter gratuíto.
Pódeste inscribir ata o día anterior no 981 558 008 ou en orientacion.laboral@cee.gal

Máis información:
www.eusumo.gal

Deixa un comentario

TurismoCee