Proceso selectivo para a contratación dos integrantes da Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais 2018

Facebooktwittergoogle_plusmail

O 8 de xuño de 2018, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun peón conductor e tres peóns integrantes da Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais 2018.

Mediante Resolución da Alcaldía núm. 330/2018, de data 4 de xuño de 2018, aprobáronse as bases que rexen a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal dun peón conductor e tres peóns integrantes da Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación das Bases no BOP.

Consulta o texto íntegro das bases da convocatoria:

 

ACTUALIZACIÓN 12/06/2018

 

O 11 de xuño sae publicado no BOP da Provincia da Coruña que mediante Resolución da Alcaldía núm. 330/2018, de data 4 de xuño de 2018, aprobáronse as bases que rexen a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal dun capataz integrante da Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación das Bases no BOP.

Consulta o texto íntegro das bases da convocatoria:

Deixa un comentario