Proceso selectivo para a contratación de persoal de Servizos Mínimos Municipais 2018

Facebooktwittergoogle_plusmail

Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as Bases da convocatoria e proceso de selección de personal de Servizos Mínimos Municipais 2018 no Concello de Cee.

Con data do 3 de setembro de 2018, mediante resolución da alcaldía nº567/2018, aprobáronse as bases reguladoras do Programa de Integración Laboral polo que se levará a cabo o proceso selectivo para a contratación de persoal para a realización de Servizos Mínimos Municipais 2018 que inclúen: dous capataces, dous oficiais de segunda e 9 peóns.

Para participar é necesario presentar o anexo I de solicitude, acreditar estar desempregado e pertencer a alomenos  un dos seguintes colectivos:

  • Mulleres.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas desempregadas de longa duración. (mínimo de dous anos)
  • Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
  • Persoas en situación de drogodependencia.
  • Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.

  •  Persoas en fogar monoparental/monomarental.

  • Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
  • Persoas vítimas de violencia de xénero.
  • Persoas sen fogar.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación das Bases no BOP.

Este proceso está subvencionado pola Deputación da Coruña:

 

 

 

 

 

Consulta o texto íntegro das bases para a contratación de 2 capataces:

Consulta o texto íntegro das bases para a contratación de 2 oficiales de segunda:

Consulta o texto íntegro das bases para a contratación de 9 peóns:

ACTUALIZACIÓN 21/09/2018

Listas definitivas admitidos e excluidos do proceso selectivo para a contratación de dous capataces para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2018. 

Todos os candidatos que presentan solicitude están admitidos. Non existen candidatos excluidos.

DATA DA PROBA: Día 26/09/2018 ás 10:30 horas, no terceiro andar da Casa de Cultura de Cee.

Listas definitivas admitidos e excluidos proceso selectivo para a contratación de dous oficiais de segunda para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2018.

Todos os candidatos que presentan solicitude están admitidos. Non existen candidatos excluidos.

DATA DA PROBA: Día 26/09/2018 ás 11:30 horas, no terceiro andar da Casa de Cultura de Cee.

2 comentarios en “Proceso selectivo para a contratación de persoal de Servizos Mínimos Municipais 2018

Deixa un comentario