Proceso selectivo para a contratación do servizo de socorrismo/vixilancia de praias

Facebooktwittergoogle_plusmail

Aberto o proceso para a contratación do servizo de socorrismo/ vixilancia de praias do Concello de Cee.

Aprobadas por resolución de alcaldía as Bases do proceso selectivo para a contratación do servizo de “Socorrismo/Vixilancia de praias”, e presentada oferta de emprego na Oficina do Servizo Público de Emprego de Cee faise pública a relación de candidatos remitidos (Oferta no 12-2017-7011).

CANDIDATOS REMITIDOS POLA OFICINA DE EMPREGO QUE PODEN PRESENTARSE AO PROCESO

Segundo establecen as bases reguladoras do procedemento de selección no seu, as solicitudes de participación no proceso poderán presentarse dende o 10/07/2017 ata o 11/07/2017 no rexistro municipal ou as instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. Non obstante, neste último caso, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

AVISO As solicitudes de participación no proceso poderán presentarse dende o 10/07/2017 ata o 11/07/2017.

 

FASE CONCURSO

Acta da fase concurso

FASE OPOSICIÓN

Acta da fase oposición e lista de seleccionados

 

RESOLUCIÓN DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS E NOMEAMENTO DO TRIBUNAL

Deixa un comentario