Proceso selectivo para o Servizo de Limpeza de Praias e Entornos 2018

Facebooktwittergoogle_plusmail

Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as Bases da convocatoria e proceso de selección en réxime laboral temporal de 12 peóns para o servizo de limpeza de praias e entornos 2018.

Xa podes consultar as bases para participar na convocatoria e proceso de selección en réxime laboral temporal de 12 peóns para o servizo de limpeza de praias e entornos 2018 aprobadas por Resolución da Alcaldía número 350/2018, de data 14 de xuño de 2018.

Esta convocatoria ten por obxecto a contratación do servizo de persoal de limpeza de praias e entornos nos termos establecidos na Convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2018 e na concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa MA100, de limpeza de praias marítimas 2018.

As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público, no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación das Bases no BOP, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases. Non obstante, no caso de non presentarse a instancia no rexistro xeral do Concello, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

Podes consultar aquí o texto íntegro das bases.

ACTUALIZACIÓN 06/07/2018

PRAIAS 2018. LISTAS DE CANDIDATOS ADMITIDOS E CONVOCATORIA DA PROBA DA FASE DE OPOSICIÓN.

 LISTADO DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS 

 TODOS OS CANDIDADOS ESTÁN ADMITIDOS. NON EXISTEN CANDIDATOS EXCLUIDOS.

PROBA FASE Oposición 

O vindeiro mércores, 11 de xullo de 2018 ás 10:00 h. no 3º andar da Casa de Cultura de Cee (Paseo Alcalde

Pepe Sánchez, 9 – 15270 – Cee – A Coruña).

ACTUALIZACIÓN 12/07/2018

PUNTUACIÓN FASE CONCURSO OPOSICIÓN

LISTADO SELECCIONADOS E RESERVAS

RECLAMACIÓNS
As reclamacións poderán presentarse entre o 12/07/18 e o 18/07/18 no Rexistro Municipal ou na forma prevista na Lei 39/2015 de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público. No caso de non presentarse no Rexistro Xeral do Concello, deberá comunicarse a súa presentación a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama, etc) que deberá ter entrada no Rexistro do Concello antes de que remate o prazo e a hora fixados como o último para a presentación de reclamación.

2 comentarios en “Proceso selectivo para o Servizo de Limpeza de Praias e Entornos 2018

Deixa un comentario