Servizos Mínimos Municipais 2018. Proceso selectivo para praza de capataz

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Concello de Cee ven de convocar novamente unha praza de capataz de Servizos Mínimos Municipais ao quedar esta deserta na anterior convocatoria.

O Concello de Cee publicou as Bases do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun capataz para a realización de obras e servizos mínimos municipais.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de novembro de 2018.

Máis información no BOP da Coruña do 2 de novembro de 2018.

ACTUALIZACIÓN 14/11/2018

Lista de admitidos e convocatoria das probas.

Todos os candidatos que presentaron solicitude están admitidos.

A proba de fase de oposición se celebrará o venres 16/11/2018 ás 10:00 h. no 3ª andar da Casa de Cultura.

ACTUALIZACIÓN 16/11/2018

Puntuacións e lista de candidatos propostos 

As reclamacións poderán presentarse entre o 19/11/2018 e o 21/11/2018 no rexistro municipal ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.

Non obstante, no caso de non presentarse a documentación no rexistro xeral do Concello, deberá comunicarse a súa presentación a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…), que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de reclamacións.

Deixa un comentario